After The War é o novo xogo de acción para PC de FX Interactive

xoves, 1 de setembro do 2011 Marcus Fernández

After The War ten momentos nos que a súa mecánica de xogo é de hack and slash

FX Interactive achegará o vindeiro día 22 ao mercado español por só 19,95 euros o xogo para PC After The War, que vén a ser a edición internacional de Collapse, con personaxes e inimigos dobrados ao español, manual a cor, guía oficial do xogo con trucos, 300 puntos FX (valorados en 3 euros) para a FX Classics Store e servizo de atención ao cliente en español (que inclúe pistas por teléfono).
After The War é unha superprodución de acción e aventura ambientada nun mundo post-apocalíptico que combina xogabilidade de distintos xéneros (hack and slash, shooter e quick time events) e é exclusivo de PC. A historia sitúase no ano 2049, tras unha guerra entre China e EE.UU. que deixou ao planeta destruído, e onde Rusia é o derradeiro refuxio da civilización, con superviventes divididos en clans, que deberán loitar contra unha inesperada e letal ameaza: unha invasión de criaturas alieníxenas que busca dominar a Terra.


Vídeo no que podemos ver a captura de movemento realizada durante o desenvolvemento do xogo

Non faltarán grandes criaturas alieníxenas ás que ter que enfrontarnos mediante combinacións de quick time events
Para enfrontarse a algúns inimigos o xogo convértese nun shooter

PUBLICIDADE