Airis estrea 3 televisores LED

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Pese a que en ordenadores portátiles xa leva un tempo pendente a tecnoloxía LED para retroiluminar as súa pantallas, nos televisores aínda non é habitual, polo que serán benvidos os novos televisores LED de Airis, que chegan en tamaños de 19, 22 e 24 polgadas a 249, 299 e 349 euros respectivamente.
Os últimos 2 modelos teñen unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles (FullHD), todos integran sintonizador de TDT de alta definición, poden actualizarse á TDT de pago mediante tarxetas CAM, contan con euroconector, entradas VGA e HDMI e saída de audio dixital.

PUBLICIDADE