Aliens vs Predator terá demo

martes, 12 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

As franquías de Aliens e de Predator son moi habituais no mundo dos videoxogos, e Rebellion e SEGA están a traballar nun novo título de Aliens vs Predator que debería ver a luz o 19 de febreiro, pero que segundo confirmou un dos seus responsables, Alex Moore, contará cunha versión de demostración, polo que poderemos botar unha ollada a este prometedor xogo antes da súa compra.
O xogo estará dispoñible para PC, Xbox 360 e PlayStation 3, e contará con distintas edicións entre as que destaca especialmente a Hunter Edition, que incluirá caixa metálica, 4 mapas exclusivos (vía descarga), un parche de Weyland-Yutani Corp, unha tarxeta lenticular en 3D e unha réplica dun alien tras saír dun ovo. Sen dúbida, unha atractiva peza de colección.

PUBLICIDADE