Altia desenvolverá as aplicacións de xestión interna e integrada do SEPE

mércores, 11 de xullo do 2018 Redacción

A empresa galega Altia resultou adxudicataria para o desenvolvemento e evolución das aplicacións de xestión interna (de grupos de traballo) e xestión integrada (de persoal) do Servizo Público de Emprego Estatal, o SEPE, dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Segundo informa a firma da nosa terra, trátase “dun proxecto de rango maior para a nosa empresa, dada a magnitude da organización”. Incluirá a materialización de modelos específico para o fornecemento de servizo, para a relación e xestión do servizo e para a supervisión do servizo.
O contrato coa SEPE terá dous anos de duración e incluirá a posibilidade de ser prorrogado por outros dous máis. A adxudicación, engaden fontes de Altia, é un paso máis no crecemento do volume e envergadura da liña de negocio de emprego na compañía, na que despois de máis de 20 anos, traballan máis de 100 persoas, con máis de 300 referencias contrastadas en proxectos para o ámbito autonómico (Comunidades Autónomas), o Estatal (SEPE), e o internacional (Goberno de Chile).

PUBLICIDADE