Altia pon en marcha unha iniciativa para promover a sustentabilidade e universalidade TIC: Punto.tech
luns, 11 de xullo do 2022
A
empresa galega Altia, a través do seu equipo solidario e responsábel
Altia in_action puxo en marcha un proxecto para crear “impacto
positivo na sociedade a través da tecnoloxía”. Trátase
de Punto.tech, que xorde directamente da posibilidade de dar unha
segunda vida aos equipos informáticos que foron substituídos dentro
do proceso de renovación tecnolóxica dos postos de traballo que
realizou a compañía.
“Con
esta reutilización e doazón do equipamento”, explica Raquel
Costas, coordinadora do dito equipo, Altia logra por unha banda
prolongar a vida dos equipos optimizando os recursos e avogando pola
reutilización e a sustentabilidade nun marco ambiental responsábel,
e por outra, apoiar a distintas entidades sociais”.
Costas
engade que esta iniciativa nace coa vocación de apoiar accións para
“potenciar a eliminación da fenda dixital que pode profundar as
desigualdades sociais, na medida que as persoas máis vulnerábeis,
vexan limitada a súa participación no mundo dixital”. Dun xeito
máis específico, apunta, “o obxectivo é colaborar en mellorar as
aulas dalgunhas entidades para potenciar os reforzos escolares, ou o
acceso ás Tecnoloxías da Información para persoas en clara
situación de risco social, ademais de fortalecer as competencias
dixitais dos posibles usuarios de Punto.tech”.
Actualmente
o equipo de Altia atópase en contacto con varias ONG e asociacións
para poder formalizar as doazóns dos equipos informáticos
reacondicionados e pór en marcha distintos punto.tech que
poderán utilizar nas iniciativas e servizos que prestan ás persoas
que acoden a elas.