Altofalante-soporte para móbiles Sony Ericsson

luns, 29 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Sony Ericsson vén de lanzar o altofalante/soporte MS430 con forma cilíndrica, que funciona con 3 pilas AAA, mide 110,25 milímetros (cun diámetro de 31 milímetros), pesa 67 gramos, e busca converterse nun complemento para a reprodución multimedia no móbil, xa que grazas ao seu pequeno tamaño pode transportarse de xeito doado e acoplarse ao terminal telefónico facilitando a súa colocación sobre unha mesa durante a reprodución de música ou vídeos, achegando un son de máis calidade e volume do que poden dar os altofalantes integrados no móbil.
O Sony Ericsson MS430 está fabricado con aluminio, ten cor prata e conta cun conector de 3,5 milímetros, sendo compatible con numerosos terminais de Sony Ericsson como a familia X10, o Vivaz ou o Aspen.


Vídeo de presentación do Sony Ericsson MS430

PUBLICIDADE