Altofalantes coloridos e con forma de cubo

xoves, 11 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Coa cada vez máis ampla oferta cromática dos reprodutores multimedia portátiles parece lóxico que os altofalantes lles sigan os pasos, e PBteen vende por 99 dólares un sistema de son composto por 3 cubos (2 correspondentes aos altofalantes laterais e outro de amplificador que tamén funciona coma base para un iPod) que se poden colocar en pila ou dispostos como un considera axeitado, dando certa liberdade ao usuario. Ademais, se vende en 5 cores distintas (rosa, azul claro, verde, azul escuro e gris) polo que son unha boa compañía para decoracións domésticos popeiras ou para ir a xogo cos novos iPod nano.

PUBLICIDADE