Altofalantes portátiles con forma de libro

martes, 22 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Targus vende por 35 euros uns altofalantes que teñen un nome moi descritivo, Portable Speaker Book, pois destacan polo seu formato de libro de peto, de xeito que se pode transportar de xeito moi doado grazas ao seus reducido tamaño (13,5 x 3,6 x 15,8 centímetros) e un peso de só 67 gramos, que para o seu uso poden abrirse, coma un libro.
Os altofalantes empregan tecnoloxía NXT que permite que sexan moi delgados, e a súa alimentación pode ser mediante 4 pilas AA ou a través do porto USB dun ordenador. O audio chega aos altofalantes a través dun minijack de 3,5 milímetros, o que fai que funcione con practicamente calquera dispositivo que reproduza música (dende un PC a un iPod).

PUBLICIDADE