Altofalantes portátiles para iPod/iPhone de Logitech

mércores, 4 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Os altofalantes son válidos tanto para usar na casa coma fóra

Logitech anunciou hoxe o lanzamento duns novos altofalantes recargables para o iPod ou o iPhone (aínda que tamén contan con entrada auxiliar de 3,5 milímetros para poder utilizalos con calquera outro reprodutor multimedia) que destacan por unha excepcional calidade de son, mellorando aos seus predecesores.
Os altofalantes Logitech S7151i venderanse por 179 euros, teñen unha autonomía de 8 horas e inclúe un mando a distancia por infravermellos. Son unha boa opción para os usuarios que queiran escoitar música do seu iPod/iPhone cunha calidade aceptable incluso cando están fóra do seu fogar, permitindo que o bo son non rife coa mobilidade. Teriamos así uns altofalantes válidos tanto para colocar no salón de casa coma para levalos á praia ou ao campo.


Vídeo de presentación dos altofalantes portátiles de Logitech S715i

PUBLICIDADE