Amazon construirá un centro loxístico en Barcelona

luns, 14 de decembro do 2015 Redacción

Amazon leva xa máis de 4 anos con tenda en liña en España, para o que tivo que pór en marcha unha grande plataforma loxística que revolucionou o comercio electrónico no noso territorio, e demostrando o seu “compromiso a longo prazo” coa economía local anuncian agora que a compañía de Jeff Bezos adquiriu unha parcela de 15 hectáreas en El Prat de Llobregat (Barcelona), concretamente no polígono Mas Blau II, polo que pagou 30 millóns de dólares e no que prevén a construción do seu novo centro loxístico, que sería o meirande que ten Amazon no sur de Europa.
Amazon ten agora un mes para asinar o contrato de arras e formalizar a compra-venta, estando condicionado á modificación do Plan Xeral Metropolitano para que o edificio poida superar os 19 metros de altura (tema que tratará o Concello de El Prat o vindeiro mércores).
Actualmente Amazon conta cun centro loxístico en San Fernando de Henares (Madrid), que ampliaron hai pouco cun par de torres de almacenamento, deixando claras as necesidades da compañía de mellorar a súa infraestrutura española, o que conseguirían coa apertura dun novo centro en Barcelona, o que tamén facilitaría o cumprimento dos seus axustados prazos de entrega.

PUBLICIDADE