Amazon estrea un Kindle máis barato con pantalla de 9,7 polgadas
xoves, 1 de xullo do 2010
A baixada do prezo do Kindle 2 de Amazon e do NOOK de Barnes & Noble a
pasada semana parecÃa unha reacción directa ao éxito do iPad de Apple, polo que
só era cuestión de tempo que o irmán maior do Kindle 2 (o Kindle DX) fixese o
mesmo, e asà é, aÃnda que con matices, pois en vez de rebaixar directamente o
prezo, sae como unha revisión, o
Kindle DX Graphite, que conta cunha pantalla de papel electrónico de 9,7
polgadas cunha resolución de 1.200 x 824 pÃxeles con 16 niveis de gris, unha relación
de contraste un 50% mellor, 4 Gb de memoria interna, amplo soporte de
ficheiros, conectividade 3G e un prezo de 379 dólares (302,92 euros) o que
supón un imporante aforro con respecto do anterior Kindle DX (que custaba 489
dólares).
Resulta curioso que a pantalla do Kindle DX Graphite teña o mesmo tamaño que o
iPad, aÃnda que cunhas prestacións ben diferentes, de xeito que polo momento os
eReaders non deberÃan temer ao iPad, pese a que é o seu rival máis solvente,
pois os seus prezos continúan a estar bastante diferenciados, asà coma os seus
usos.