Amazon presenta un feixe de produtos que integran o seu asistente de voz
venres, 21 de setembro do 2018
Os
rumores de que Amazon
estaba a preparar unha chea de produtos controlables por voz resultaron ser
totalmente certos, e Dave Limp, vicepresidente senior de Amazon Devices
anunciou en Seattle unha serie de produtos que hoxe mesmo saen á venda no mercado
norteamericano e que previsiblemente teremos en España no outono, cando se
estree oficialmente Alexa en español.
O primeiro produto anunciado foi o novo Echo
Dot, o altofalante conectado de Amazon de dimensións máis reducidas, que chega
á súa terceira xeración, mellorando considerablemente a súa calidade sonora e o
seu volume (que será un 70% máis alto), conservando tamén a posibilidade de
conectarlle outros altofalantes máis potentes por cable ou Bluetooth (o que é
un xeito moi práctico de convertelos en altofalantes conectados). Este produto
ten un prezo de 49,99 dólares e comezará a chegar aos seus compradores o 11 de
outubro.
Pensando precisamente na última función comentado do Echo Dot, ou sexa, o poder
converter outro altofalante nun dispositivo conectado, chega o Echo
Input, que serÃa unha especie de Echo Dot sen altofalante, ou sexa, un
disco que simplemente integra micrófonos para a captación de ordes verbais, que
pode conectarse por cable ou Bluetooth aos nosos altofalantes favoritos e que
sairá á venda antes do remate do ano a 34,99 dólares.
Outro produto rechamante serÃa o Echo
Sub, un subwoofer que pode ligarse
a un par de altofalantes Echo, e incluso pode adquirirse con eles de xeito conxunto,
para conseguir unha grande experiencia sonora que inunde toda unha habitación
da casa con son 2.1 sen fÃos.
Amazon tamén ten previsto lanzar unha serie de produtos (Echo Link, Echo
Link Amp, Echo Wall Clock
e Ring
Stick Up Cam Battery) que incrementarÃan as posibilidades de control e goce
do fogar musical que parece perseguir a compañÃa de Jeff Bezos, pero que polo
momento non poden comercializarse por non ter conseguido aÃnda a autorización
da FCC.
Os produtos que tamén estrean nova xeración son o Echo
Plus, que coa súa renovación conserva as súas posibilidades de concentrador
de domótica, pero incorpora a posibilidade de manter o control por voz de xeito
local, ou sexa, que no caso de que se cortase o acceso á Internet o sistema continuarÃa
a funcionar; e o Echo
Show, que agora conta cunha pantalla de maior tamaño (10 polgadas).
Un produto que tamén resulta interesante é o Amazon
Smart Plug, ou sexa, un enchufe conectado, de xeito que poderemos controlar
a entrega de corrente a algún electrodoméstico básico, para asà poder empregalo
a distancia ou programar o seu acendido e apagado. Este accesorio véndese por
24,99 dólares e chegará ao mercado o 11 de outubro.
Amazon tamén aproveitou para presentar un novo reprodutor multimedia, o Fire TV
Recast, que sorprende por contar con funcións de gravación de vÃdeo, de
xeito que pode empregarse para gravar até 75 horas de vÃdeo de 2 canles á vez
ou até 150 horas de vÃdeo de até 4 canles á vez (en función do modelo), coa
grande vantaxe de que estes contidos gravados non quedan ligados ao trebello,
senón que quedan accesibles a través da rede, ou sexa, que as gravacións poden
verse varios televisores, smartphones e tabletas.
AÃnda que o produto máis rechamante de todos foi, sen dúbida, o AmazonBasics
Microwave, un forno microondas que custará 59,99 dólares e que pode
programarse mediante a voz, o que pode considerarse como un dos usos máis
innecesarios de Alexa, aÃnda que o feito de poder controlar o forno remotamente
pode ter o seu aquel.