Amazon presenta unha cámara doméstica para facer selfies de moda
mércores, 26 de abril do 2017
A
introdución da intelixencia artificial de Amazon, Alexa, nos fogares a través
dos altofalantes conectados Amazon Echo foi un grande éxito nos EE.UU., e agora
queren repetir a xogada e probar se as persoas afeccionadas á moda e aos selfies poden tirar proveito dalgún
trebello conectado, para o que lanzan mediante invitación Echo Look, unha cámara de mans
libres que funciona en combinación cun asistente que pode comparar distintas
aparencias do usuario para que poida saber cal é a vestimenta que mellor
encaixa coas tendencias actuais ou que cadran máis coa persoa en cuestión.
A cámara do Echo Look pode controlarse mediante ordes de voz, de xeito que
poderán dispararse instantáneas ou vÃdeos de curta duración, contando esta
cámara tamén con iluminación LED, sensores de profundidade e desenfoque de
fondo mediante visión artificial. Os contidos capturados por esta cámara
disposta en vertical (pensando en rexistrar o corpo enteiro do usuario) poden
empregarse para conformar un catálogo de aparencias e compartir as imaxes,
aÃnda que a función máis interesante é o style
check, un servizo que mediante algoritmos de machine learning e recomendacións de especialistas en moda achega
ao usuario unha segunda opinión sobre o ben que lle queda unha vestimenta.
Esta solución pretende axudar ao usuario a descubrir novas marcas e prendas en
función das fotografÃas que realice, e tamén atenderá a consultas por voz,
servirá para reproducir música e outras funcións propias dos produtos da gama
Echo, de xeito que este accesorio que poderÃa parecer unha frivolidade conta
con funcionalidades que axudarÃan a xustificar a súa compra. O seu prezo de
venda é de 199,99 dólares, ou sexa, só 20 dólares máis que o altofalante Amazon
Echo, o que poderÃa dar a entender que o seu prezo estarÃa xustificado, aÃnda
que realmente o produto co que terÃa que compararse serÃa o Echo Dot (á venda
por 49,99 dólares), pois serÃa como engadirlle cámara a tal trebello.
VÃdeo de presentación do Echo Look