Amosan nun vídeo a calidade das pantallas AMOLED

xoves, 11 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Non hai dúbidas en que a cámara fotográfica Samsung WB1000 é un produto de grande calidade, que toma imaxes a 12,2 Mpíxeles, conta cunha lente grande angular de 24 milímetros, grava vídeo a 720p en formato H.264, ten unha sensibilidade máxima ISO 3.200 e conta cunha pantalla AMOLED de 3 polgadas e cunha resolución de 480 x 260 píxeles pero, ¿é importante este último elemento? Parece ser que si, e para demostrar que as pantallas AMOLED supoñen un elemento diferenciador gravaron un vídeo no que podemos ver o comportamento das pantallas dunha cámara Samsung WB1000 e a dunha Canon SD990 IS (que emprega tecnoloxía TFT) baixo distintas condicións de iluminacións e ángulos de vision, deixando claro que as pantallas AMOLED pagan a pena, o que podemos comprobar nós mesmos:

PUBLICIDADE