Amosan o arranque dual Windows/Android do Acer Aspire One D255

venres, 20 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Este mes chegou ao mercado taiwanés o ultraportátil Acer Aspire One D255, que non destaca especialmente polas súas prestacións (conta cun procesador Intel Atom N450 e unha batería de só 3 celas) senón polo feito de que conta cun arranque dual que deixa elixir entre Windows XP e Android 2.1, permitindo este último un consumo enerxético reducido e un arranque máis rápido, o que sería ideal para navegar pola web e comprobar o correo electrónico, mentres que para o resto de usos o propio sería optar por Windows.
Aínda que este equipo non parece que vaia comercializarse fóra de Taiwán, parece que esta prestación de arranque dual vai converterse nun estándar nos ultraportátiles de Acer, o que agradecerán os seus usuarios en certas situacións, xa que estes equipos teñen así unha versatilidade maior.
Para facerse unha mellor idea do que achega o Acer Aspire One D255 podemos ver un completo vídeo co seu desempaquetado e co arranque nos dous sistemas operativos que inclúe:

PUBLICIDADE