Amosan un tablet chinés con pantalla 3D sen lentes
venres, 27 de agosto do 2010
Mentres a
Nintendo 3DS non populariza as pantallas autoestereoscópicas (ou sexa, con
tecnoloxÃa 3D sen precisar de lentes para a súa visualización) algúns
fabricantes coma Rockchip avanzan nesta dirección, e na vindeira edición da
feira IFA teñen pensado amosar un dispositivo
tipo tablet chamado Supernova X1 que xa puido verse en China, e que ten
unha destas pantallas 3D que, como a da futura consola portátil de Nintendo, tamén
poderá axustarse o efecto tridimensional a gusto do usuario. Amais, este
dispositivo poderÃa
funcionar co sistema operativo Android, de xeito que servirÃa para máis que
para facer de reprodución multimedia, aÃnda que o prudente é agardar á
presentación oficial do produto para ver se estamos ante unha mera curiosidade
ou ante un paso a seguir.
VÃdeo gravado en China no que podemos ver o Supernova X1 de Rockchip
- A pantalla do Supernova X1 amosa imaxes 3D sen precisar de lentes para percibir a profundidade