Android permitirá unha mellor xestión dos auriculares sen fÃos
luns, 22 de xullo do 2019
Un dos detalles que levaron aos AirPods de Apple ao seu
éxito é a facilidade do seu uso, ou sexa, que resulta moi doado e áxil emparellar
os auriculares sen fÃos con distintos dispositivos, e aÃnda que fabricantes
como Samsung teñen solucións equivalentes desenvolvidas a medida, dende Google
decidiron traballar en Fast
Pair, un conxunto de especificacións para facer máis doada a conexión de
auriculares e altofalantes Bluetooth dende dispositivos con Android.
Esta funcionalidade estreouse cos auriculares
Tarah de Jaybird, e agora está a espallarse entre outros dispositivos, de
xeito que xa hai máis de 10 dispositivos certificados con Fast Pair e incluso
introduciuse esta tecnoloxÃa o kit de desenvolvemento para auriculares
conectados de Qualcomm, de xeito que cada vez veremos máis dispositivos que
gozarán desta experiencia mellorada de uso de son sen cable.
Pero Fast Pair non só facilita a conexión cos auriculares con só un toque,
senón que tamén está a servir de paraugas para outras
interesantes prestacións que se van recibindo paulatinamente, como Tru
Wireless Stereo (TWS), de xeito que a longo deste ano os auriculares
compatibles poderán compartir a información de baterÃa de cada auricular e do
seu estoxo de carga (que xeito que cada vez que se abra ou peche a caixa
poderemos coñecer a situación da baterÃa dos accesorios sen fÃos a través dunha
notificación).
Tamén se incorpora dentro destas especificacións a funcionalidade de buscar o
noso dispositivo (axudando a localizalo no caso de extravialo) e tamén
ofrecerán unha páxina no menú de configuración dende a que poder configurar as diferentes
funcións dos auriculares con Fast Pair e incluso acceder á información
detallada destes trebello.
Dende Google aseguran que neste momento os auriculares compatibles con Fast
Pair son os Anker Spirit Pro GVA, JBL Live 220BT, JBL Live 400BT, JBL Live
500BT, JBL Live 650BT, Jaybird Tarah, 1More Dual Driver BT ANC, LG HBS-SL5, LG
HBS-PL6S, LG HBS-SL6S, LG HBS-PL5 e Cleer Ally Plus, asà como os altofalantes Anker
SoundCore Flare+.
- Os auriculares Tarah de Jaybird foron os primeiros do mercado en recibir a funcionalidade Fast Pair en Android