Anel que fai de mans libres Bluetooth

luns, 27 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Hybra Advance Technology e AbsolutelyNew colaboraran na creación de Orb, un novo mans libres Bluetooth que ten forma de anel, vibrando ao recibir unha chamada e que pode pendurarse na orella para atender á mesma, e que curiosamente non é un deseño conceptual, senón que falamos dun produto que chegará ás tendas en xaneiro de 2010 a 129 dólares (90,31 euros), preparándose tamén unha edición de luxo que integrará unha pantalla FOLED na que se amosa a identificación de chamada, eventos do calendario e información voz-a-texto que poderemos ler sen quitar o anel, saíndo tal modelo en abril a 175 dólares (122,51 euros).
O anel tamén venderase nunha edición limitada na que se incorporan distintas xemas (o que incrementará o seu prezo).

O anel pode transformarse nun curioso auricular sen fíos

PUBLICIDADE