Angry Bird Halloween</Em> celebrará o Nadal cunha actualización de balde

luns, 29 de novembro do 2010 Marcus Fernández

O xogo Angry Birds cumprirá o vindeiro día 11 de decembro un ano do seu lanzamento para terminais iOS, converténdose en todo un imprescindible para os dispositivos de Apple (e con Android), o que dende Rovio van celebrar conmemorando o Angry Birds Day, data na que posiblemente tamén teremos unha actualización da versión especial de Halloween que lanzaron hai pouco (conseguindo 1 millón de descargar nos seus primeiros 6 días) e que incluirá 45 novos niveis cun deseño de Nadal, polo que é probable que en tal data melloren as vendas do xogo, aínda que os usuarios que aínda non pagasen os 0,79 euros que custa o xogo tamén podería animarse xa a facerse con el agora sabendo do lanzamento desta actualización de balde.
Sobre a versión para Android deste edición especial aínda non sabemos nada, pois a estratexia de tal plataforma por parte de Rovio é bastante diferente e, en vez de termos un xogo de pagamento, estamos ante un título de balde con publicidade que en menos de 2 meses superou os 7 millóns de descargas.

PUBLICIDADE