Angry Birds Fight! prepara a súa chegada a Asia

luns, 27 de abril do 2015 Marcus Fernández

Equilibrar os sistemas free-to-play para poder manter a unha enorme masa de usuarios enganchados, levando a que un grupo reducido pague por contidos que fagan sustentable o produto, é todo un reto, e para afrontando empresas como Rovio optan por lanzar os seus títulos por fases, de xeito que as súas primeiras versións quedan limitadas a uns poucos países, de xeito que cando se produza a estrea global o xogo estea pulido e consiga ter unha boa aceptación sen frustrar aos usuario. Esta fórmula é a que están a empregar con Angry Birds Fight!, o último xogo dos paxaros anoxados que está previsto que chegue ao noso mercado a comezos do verán, e que o vindeiro 7 de maio ampliará os países nos que está dispoñible para chegar a boa parte de Asia, onde esperan que sexa moi ben acollido.
Aínda que tardaremos aínda bastantes semanas en velo en España nas súas versións para iOS e Android, podemos adiantar que estamos ante unha volta de rosca dos xogos tipo Shariki (como Bejeweled ou incluso Candy Crush Saga), no que as pezas de cores que temos que combinar teñen a aparencia dos Angry Birds, servindo as partidas nas que combinamos pezas nun sistema para acumular puntos para combates nos que nos enfrontaremos a numerosos inimigos entre os que boa parte son outros xogadores conectados a través da Internet que teñan un nivel semellante ao noso.
No xogo hai que ir conquistando territorios, equipando personaxes e subíndoos de nivel, para así conseguir progresar nunha aventura que promete moitas horas de diversión de balde, aínda que sempre haberá que pague para poder progresar a maior velocidade.

Angry Birds Fight! é un xogo na liña do célebre Candy Crush Saga


Novo trailer de Angry Birds Fight! no que podemos ver o xogo en acción

PUBLICIDADE