Angry Birds Rio estrea o seu terceiro episodio

venres, 13 de maio do 2011 Marcus Fernández

Imaxe da versión para iPhone de Angry Birds Rio

As entregas para iPhone/iPod Touch e para iPad do xogo Angry Birds Rio, veñen de actualizarse á versión 1.1.0, o que supón a incorporación dun terceiro capítulo chamado Beach Volley que inclúe 30 novos niveis e 15 novas froitas agochadas, incrementando a diversión deste título que fixo historia ao mesturar un videoxogo para dispositivos móbiles cunha película de animación.
Os usuarios con terminais con Android poden acceder xa ao xogo dende a Amazon Appstore (ou sexa, só dende Estados Unidos), mentres que a actualización do xogo debería de chegar en poucas horas ao Android Market, polo que esta plataforma continuaría a ter de balde este popular xogo cos novos niveis que se van incorporando ao mesmo paulatinamente.

Angry Birds Rio HD é a versión do xogo con mellores gráficos por aproveitar a resolución de pantalla do iPad

PUBLICIDADE