Angry Birds Rio venderase na Amazon Appstore

luns, 14 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O xogo Angry Birds Rio non vai destacar só por mesturar a promoción dunha película de 20th Century Fox co éxito dun xogo para plataformas móbiles de Rovio, senón que este título que terá inicialmente 45 niveis ampliables mediante actualizacións (coma vén a ser habitual nesta franquía) e anunciado para o vindeiro día 22, sorprende porque a súa versión para Android non será dispoñible no habitual Android Market (onde superou os 100 millóns de descargas coas 2 entregas actuais), senón que lanzarase en exclusiva a través a Amazon Appstore, tenda de descargas que espera conseguir así certa relevancia.
Os interesados en facer un seguimento da Amazon Appstore e coñecer así o momento no que bote a andar esta nova tenda de aplicacións poden seguila a través de Twitter ou Facebook. As versións para iPhone, iPod Touch e iPad continuarán a estar dispoñibles a través da App Store de Apple.


Trailer de Angry Birds Rio con imaxes do xogo

PUBLICIDADE