Angry Birds Space lidera as vendas na App Store
luns, 26 de marzo do 2012
O lanzamento de Angry Birds Space está a ter grandes
repercusións, sorprendendo inicialmente polo seu éxito (conseguiu colocarse de
número 1 en vendas na App Store en poucas horas, tanto en unidades vendidas
como en cartos ingresados), pero creando certo malestar por mor das
declaracións de Peter Vesterbacka (Rovio) ao asegurar
que esta nova entrega dos paxaros anoxados non chegarÃa a dispositivos con
Windows Phone, o que rapidamente tivo que ser desmentido por Mikael Hed,
director executivo de Rovio, quen afirmou que a
versión para o sistema operativo móbil de Microsoft está en desenvolvemento.
Hed detallou que están a colaborar con Nokia para levar os seus xogos ás súas
plataformas, o que inclúe aos dispositivos con Windows Phone. De todos os
xeitos, o feito de que este tÃtulo non chegase de lanzamento aos terminais Nokia Lumia deu a entender que Windows
Phone aÃnda é unha plataforma emerxente que precisa consolidarse para estar ao
nivel de iOS e Android.
Para celebrar o lanzamento de Angry Birds
Space nos EE.UU. tamén fixeron algo moi especial: converteron
a Agulla Espacial (Space Needle) de Seattle no tirapedras máis grande do mundo.
Para conseguir tal penduraron un paxaro vermello xigante (de 10 metros de
altura) a icónica torre, dando lugar a unha promoción tan divertida como
orixinal.
ACTUALIZACIÓN: Dende Rovio aseguran que Angry Birds Space tivo 10 millóns de descargas en menos de 3 dÃas. Todo un record, incluso para os Angry Birds.
- Penduraron un paxaro anoxado de 10 metros de altura da popular torre de Seattle (EE.UU.) para promocionar o Angry Birds Space