Angry Birds: Star Wars II estréase de xeito anticipado para Windows Phone 8
mércores, 18 de setembro do 2013
Rovio
ten previsto para mañá o lanzamento multiplataforma de Angry Birds: Star Wars II, pero os usuarios de Windows Phone 8 tiveron
hoxe unha grata sorpresa: recibÃan
o xogo de xeito anticipado a un prezo de 0,99 euros, en vez de estrear a
aplicación despois das versións para iOS e Android como é habitual en moitos
tÃtulos (aÃnda que cada vez é máis frecuente a estrea simultánea nas distintas
plataformas móbiles).
Estamos ante unha das entregas máis completas da franquÃa dos paxaros anoxados
de Rovio, que cruza os seus protagonistas cos da saga de Star Wars, recreando desta volta as pelÃculas correspondentes aos
episodios I, II e III, e permitindo empregar a máis de 30 personaxes, entre os
que hai representantes tanto dos Jedi coma do Lado Escuro, xa que poderemos
elixir bando para percorrer os distintos niveis do xogo.
Angry Birds: Star Wars II conta cuns
120 niveis divididos en capÃtulos que encaixan coa historia das pelÃculas, para
ir intercalando personaxes con distintas habilidades, que continúan a innovar
con respecto a entregas anteriores de Angry
Birds (por exemplo, o personaxe de Ioda rebota pola pantalla mentres
emprega o seu sable de luz e Jar Jar Binks emprega a súa lingua como liana para
poder chegar a lugares afastados).
No lanzamento do xogo inclúense os capÃtulos da invasión de Naboo e a fuxida de
Tatooine (asà como unha selección de fases desbloqueables) aos que continuarán
outros capÃtulos que chegarán nas vindeiras actualizacións da aplicación como é
costume nesta serie de xogos.
- Como importante novidade desta secuela temos que podemos xogar encarnando o Lado Escuro da Forza (que neste caso responderÃa o nome de Lado Porco)
ACTUALIZACIÓN: Poucas horas despois da estrea para Windows Phone 8 desembarcaron as versións do xogo para Android en Google Play e para iOS na App Store.