Antena USB para triplicar a cobertura Wi-Fi

venres, 29 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Para evitar os problemas de recepción de conexións Wi-Fi temos agora o Hawking HWU8DD, unha especie de antena Wi-Fi que se conecta a un porto USB do noso ordenador e que promete ampliar a nosa cobertura ata un 300%, o que tamén permitirá unhas transferencias máis rápidas.
Esta antena direccional de 8dBi inclúe un indicador por LED da calidade de recepción do sinal, para axudar a orientan o prato para optimizar as transferencias de datos.
O dispositivo véndese en Amazon a 62,24 dólares (40,97 euros).

PUBLICIDADE