Anuncian un novo smartphone BlackBerry con Android 7.0
xoves, 9 de marzo do 2017
AÃnda que TCL Communication levou
ao MWC de Barcelona o seu terminal Blackberry KEYone para amosar que tiñan
o seu primeiro terminal da marca BlackBerry con teclado QWERTY, a compañÃa
tamén continúa a lanzar smartphones máis tradicionais, e asà estrea en
Indonesia o novo BlackBerry
Aurora, un dispositivo con pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución de
1.280 x 720 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 425, 4 GB de RAM, 32 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 256 GB), cámaras de
13 e 8 MpÃxeles, dobre microSIM, baterÃa de 3.000 mAh, un grosor de 8,55 milÃmetros
e 178 gramos de peso, con sistema operativo Android 7.0 personalizado por
BlackBerry para gozar dunha maior seguridade.
AÃnda que aseguran que este
dispositivo está deseñado pensando no mercado indonesio, onde xa pode
reservarse o terminal por 3.499.000 rupias indonesias (248,54 euros), non serÃa
sorprendente velo noutros mercados como un dispositivo económico da marca BlackBerry (aÃnda que probablemente
prescindirÃan da dobre SIM para facilitar a súa distribución a través de
operadoras de telecomunicacións).
- O novo teléfono estará dispoñible en varias cores