Anxo Miján abordará seu traballo como deseñador gráfico e modelador 3D nunha conferencia online
xoves, 29 de abril do 2021
O vindeiro luns 3 de maio, o
responsábel de
Trasancos3D, Anxo Miján, explicará seu traballo e experiencia como
deseñador gráfico e modelador 3D nunha conferencia online
que levará
por tÃtulo A
recuperación 3D do patrimonio histórico galego.
Anxo Miján é coñecido pola
súa recreación dixital da catedral románica de Santiago de
Compostela no século XIII en SketchUp, unha ferramenta de modelado
3D. Realizou esta reconstrución cunha calidade e perfección que
puxo de acordo tanto a historiadores como a profesionais do modelado
dixital.
Na súa intervención abordará
a súa especialidade e experiencia profesional coa reconstrución
histórica de xacementos e elementos arqueolóxicos de todo tipo,
polo que levou a cabo recreacións de múltiples monumentos histórico
galegos e tamén contribuÃu á súa recreación no videoxogo en
galego The
Waylanders.
A
conferencia poderase seguir de forma online o
vindeiro luns, 3 de maio, de 9 a 11:00 horas.
A
xornada vén da man da Universidade de Salamanca e a Xunta.