Apalabrados chega finalmente a Windows Phone
mércores, 26 de decembro do 2012
Tal e
como prometera Maximo Cavazzani, director de Etermax, durante a súa xira
española hai preto dun par de meses, o popular xogo de palabras cruzadas Apalabrados chegou finalmente a Windows Phone, de
xeito que os usuarios de terminais co sistema operativo móbil de Microsoft
poden xa gozar deste divertido xogo que tamén está dispoñible para iOS, Android
e Facebook, ampliando asà a súa estratexia multiplataforma.
AÃnda estamos ante unha primeira versión da aplicación que funciona tanto para
Windows Phone 7.5 como Windows Phone 8, mantendo a mecánica de uso do resto de
plataformas para as que está dispoñible, pero presentando aÃnda carencias (peches
inesperados, ausencia de estatÃsticas, sen Live
tile con notificacións...) que é de agardar que vaian arranxándose
paulatinamente, pois cómpre destacar que estamos ante a estrea de Etermax nesta
plataforma, o que non fan directamente, senón a través da compañÃa Top Digital,
S.L.
- Algunhas imaxes da nova versión móbil de Apalabrados