Aparello para facer copias de seguridade do disco duro con so premer nun botón
luns, 19 de febreiro do 2007
Hai unha cousa que probablemente haxa que ter en conta cada dÃa cando traballamos cun computador e este se converte na nosa principal ferramenta: o disco duro achega en moitos casos aquela parte do cerebro que nos falta ós que estamos ó seu carón. Tendo en conta isto, calquera cousa que poidamos facer para coidalo e para que se sinta cómodo e, sobre todo, para que non fique en branco, non terÃa por que ser mal recibida. Nesta liña é onde traballa Century a través do OS Emergency Box, que é algo asà coma un botiquÃn do disco duro que fai copias de seguridade do mesmo cando prememos nun botón.
O trebello, que ten máis feitura de almofada vibradora ca de gadget propiamente dito, permite tamén facer copiar o contido do disco de emerxencia ó disco interno, que serÃa unha manobra de sentido contrario de moita utilidade se finalmente andamos de disco interno en disco interno. En Xataca din que a teorÃa deste aparello está moi ben pero na práctica pode quedar todo en palla mollada. AsÃ, se por exemplo temos á nosa disposición un disco duro orixinal de 200 xigabytes, empregarÃamos varias horas en carrexalo todo ó disco de emerxencia a través dun porto USB. Tempo abondo como que nos dea exactamente o mesmo que a información se acabe por perder. Sobre todo se falamos de (por poñer un exemplo calquera) cancións de La Oreja de Van Gogh.