Apple cancela a base de carga AirPower
venres, 29 de marzo do 2019
A
renovación dos auriculares AirPods de Apple supuxo a estrea dun estoxo con
carga por indución que daba a entender que a base de carta AirPower, presentada en
setembro de 2017, estaba a piques de saÃr á venda, pero dende TechCrunch
sorprenden ao dar conta dun comunicado de Dan Riccio, un dos máximos responsables
do deseño de hardware da compañÃa da mazá, no que asegura que «tras moitos
esforzos, concluÃmos
que o AirPower non acadará os nosos elevados estándares e cancelamos o proxecto.
Desculpámonos aos consumidores que estaban a agardar ao seu lanzamento.
Continuamos a crear que o futuro é sen fÃos e estamos comprometidos a promover
a experiencia sen fÃos».
Apple xa tivera problemas co lanzamento dos AirPods, produto que tardou en
normalizar a súa produción, pero unha vez conseguido converteuse en todo un
éxito de vendas, o que parecÃa poder repetirse co AirPower, pero segundo parece
a base de carga tiña serios problemas de quecemento complicados de solucionar
por estar as bobinas de carga moi próximas entre si, o que foi unha fonte de
problemas que non puideron resolver satisfactoriamente.
Semella que a presentación do AirPower foi demasiado precipitada, porque o
produto aÃnda estaba no forno, e a súa proposta era demasiado ambiciosa, preferindo
Apple non comercializar o produto antes que ter problemas coa carga de baterÃas
(que poden afectar seriamente á súa reputación como comprobaron dende Samsung
co seu Galaxy Note7).
En calquera caso no mercado hai numerosas bases de cargas que poden cubrir a
demanda do AirPower e, aÃnda que non conten coas súas funcións avanzadas, si
poden cargar sen fÃos varios dispositivos á vez de xeito rápido e seguro.