Apple estrea unha versión económica do iPod Touch
xoves, 30 de maio do 2013
O reprodutor multimedia estrela de Apple, o iPod Touch, leva tempo
vendéndose en modelos de 32 e 64 Gb a 319 e 429 euros respectivamente, pero
hoxe incorporouse á tenda en liña de Apple unha revisión
do mesmo, con 16 Gb de capacidade e un prezo de 249 euros, que para aforrar
custos prescinde da cámara traseira e da correa, pero mantendo un deseño
superfino, pantalla Retina de 4 polgadas, chip A5 de dobre núcleo e auriculares
EarPods, chegando incluso a reducir o seu peso en 2 gramos. Polo momento só
está á venda en cor prata (en vez de nas 6 cores do modelo anterior).
Un curioso paso por parte de Apple, que en vez de optar por comercializar un
modelo anterior a un prezo reducido decide eliminar prestacións a un modelo
novo para facelo máis asumible, algo que leva tempo rumoreándose que poderÃa
pasar co iPhone, e que, polo momento, só acontece co iPod Touch.
- Comparación entre os modelos de 16 e 32/64 Gb do iPod Touch