Apple presenta os iPhone Xs, Xs Max e Xr con prezos que van dende os 859 até os 1.659 euros
mércores, 12 de setembro do 2018
O
prato forte do evento de Apple desta tarde estaba moi claro, a presentación dos
novos iPhone que sucederÃan ao iPhone X, e non decepcionaron, confirmándose os
rumores dos últimos meses, ou sexa, que o iPhone Xs chegará cunha pantalla
OLED 5.8 polgadas no seu modelo normal e con pantalla OLED de 6,5 polgadas no
seu modelo Max.
Os novos iPhone Xs e Xs Max están equipados cun potente procesador A12 Bionic,
que presume de ser o primeiro procesador de smartphone fabricando en tecnoloxÃa
de 7 nanómetros e que posibilita un Face ID máis rápido, cámaras máis
intelixentes e outras posibilidades que veñen acompañadas cun son estéreo máis
amplo e unha novidade especialmente importante: a integración dunha tarxeta
eSIM á vez que ten unha bandexa para unha tarxeta SIM tradicional, ou sexa, que
pode comportarse como un smartphone con dobre SIM se o noso operador de telefonÃa
soporta eSIM, estando confirmado que Vodafone será unha destas compañÃas (á que
irán incorporándose outras nos vindeiros meses).
A capacidade de almacenamento tamén deu un importante salto, e os iPhone Xs e
Xs Max poderán mercarse con capacidades de almacenamento de 64, 256 e 512 GB.
Pola súa banda, as cámaras mantéñense na súa lña, desbotando os rumores que apuntaban
a unha cámara traseira tripla. Agora a cámara traseira dual de 12 MpÃxeles
mellora especialmente grazas ao Neural Engine, mesturando distintas imaxes para
conseguir imaxes con grande rango dinámico e con espectaculares efectos de desenfoque
selectivo que por fin poden axustarse a
posteriori no modo retrato.
Tamén melloraron de xeito considerable a tecnoloxÃa de Face ID (cada vez máis
precisa e segura) e a conectividade móbil (incorporando agora Gigabit LTE).
Estes novos móbiles poderanse reservar a partires do 14 de setembro, chegando a
España xa o 21 de setembro, ou sexa, que desta volta a primeira vaga de
lanzamentos chega a máis de 30 paÃses á vez, evitando asà os incómodos
lanzamentos progresivos de anos anteriores.
O iPhone Xs poderase mercar en cor prata, gris espacial e ouro, e capacidades
de 64, 256 e 512 GB a 1.159, 1.329 e 1.559 euros respectivamente; mentres que o
iPhone Xs Max terÃa uns prezos respectivos de 1.259, 1.429 e 1.659 euros respectivamente,
superando por moito o prezo do iPhone X de 256 GB, que custaba 1.329
euros no seu lanzamento.
Un iPhone económico
Precisamente os elevados prezos dos iPhone Xs son un atranco para que Apple
poida manter a súa presenza no mercado, de aà que esta tarde tamén presentasen
o iPhone Xr, un modelo con
pantalla LCD de 6,1 polgadas, que pese a asegurar dende Apple que é «a pantalla
LCD máis avanzada nun smartphone» ten unha resolución de 1.729 x 828 pÃxeles,
ou sexa, 326 puntos por polgada, o que queda bastante lonxe dos 458 puntos por
polgada dos iPhone Xs (e a unha distancia abismal dos 570 puntos por polgada
de, por exemplo, un Samsung Galaxy S9) e máis preto dos 295 puntos por polgada
de móbiles de baixo custo como o Redmi 6A de Xiaomi.
Outro elemento no que este móbil realiza concesións é a cámara, de xeito que
colle a cámara traseira principal do iPhone Xs, pero esquece a segunda cámara
traseira (a de telefoto), de aà que esteamos
ante un smartphone chamado a coller o relevo dos últimos iPhone con pantalla de
4,7 polgadas (que tampouco contaban con cámara dual).
Onde si dá o talle é en potencial, xa que o iPhone Xr funciona cun procesador
A12 Bionic de 7 nanómetros, de xeito que é un trebello á última, que presume de
ter unha autonomÃa até 1,5 horas maior que a dun iPhone 8 Plus, polo que
poderiamos estar ante o iPhone de maior autonomÃa por unha ampla diferenza.
O iPhone Xr poderá reservarse a partires do 19 de outubro, chegando ás tendas o
26 de outubro en 6 cores distintas (branco, negro, azul, amarillo, coral e
(PRODUCT)RED) e con capacidades de 64, 128 e 256 GB a prezos de 859, 919 e
1.029 euros respectivamente, o que fai repensar moito o adxectivo de barato que queren pórlle algúns. Parece razoable
pensar que estamos simplemente ante un móbil que busca ocupar o lugar do iPhone
8, ao que incorpora elementos de deseño do iPhone X, conseguindo asà un
equilibrio que agradecerán os que non sexan moi esixentes nos aspectos de cámara
e pantalla.
VÃdeo de presentación dos novos iPhone Xs, Xs Max e Xr