Apple renova o MacBook e o MacBook Air

martes, 19 de abril do 2016 Marcus Fernández

Sen agardar á celebración da WWDC (entre os días 13 e 17 de xuño) Apple decidiu renovar hoxe os seus equipos portátiles, comezando polo polémico MacBook, que mantén as súas principais eivas (como basear a súa conectividade física nun único porto USB-C e ter un prezo moi elevado), e limitaríase a actualizar as súas tecnoloxías polas versións actuais (o que supón maior velocidade e autonomía) sendo o cambio máis visible neste equipo que agora ofrécese en catro cores, ou sexa, que ás cores prata, ouro e gris espacial incorpórase a cor ouro rosa, tal e como acontece con outros produtos de Apple renovados recentemente.
Apple presume do feito de que o MacBook é o Mac máis lixeiro (0,92 quilos) e delgado (035-1,31 centímetros) até a data, sendo a súa renovación técnica bastante predicible, xa que agora integra procesadores Intel Core M de sexta xeración e dobre núcleo até 1,3 GHz con Turbo Boost até 3,1 GHz, memoria a 1.866 MHz, gráfica Intel HD 515 (o que supón unha mellora do desempeño até un 25%) e almacenamento flash en PCIe máis rápido, conseguindo tamén incrementar a autonomía até unha hora (de xeito que podería funcionar até 10 horas navegando pola web ou 11 horas reproducindo vídeo) co que busca ser un equipo ideal para traballar en mobilidade.
Os novos MacBook chegan en dous modelos, un con procesador Intel Core m3 a 1,1 GHz e 256 GB de almacenamento interno que véndese por 1.449 euros, e outro con procesador Intel Core m5 a 1,2 GHz e 512 GB de almacenamento interno por 1.799 euros. Temos así unha actualización que agradecerán os que xa tivesen tomado a decisión de mercar un MacBook (xa que conseguirían máis polo mesmo prezo) pero supón toda unha decepción para os que confiaban en que este produto corrixise os seus principais defectos para competir con produtos como o HP Spectre, que vai poder comercializarse coa cabeza moi alta nos vindeiros meses, por conseguir consolidar a súa posición de portátil delgado, potente e elegante.

Novo MacBook Air

Pero o MacBook non foi o único portátil renovado, e tamén mudou lixeiramente o MacBook Air, que como principal cambio ten que para o modelo de 13 polgadas converteu como configuración básica os 8 GB de memoria RAM. O modelo de 13 polgadas tamén mellora a súa resolución de pantalla de 1.280 x 800 píxeles a 1.440 x 900 píxeles, que aínda que mantense lonxe das pantallas Retina, supón unha interesante mellora para un equipo que prefire manter unhas especificacións contidas para, por exemplo, poder navegar pola web até 12 horas seguidas cunha única carga.
Temos así como o MacBook Air de 13 polgadas, pese a manter o prezo, ao dobrar a cantidade de RAM e incrementar a resolución de pantalla si podería considerarse como unha actualización moi de agradecer, xa que estamos ante un ordenador portátil que parte dun prezo de 1.099 euros, polo que mantense como un dos portátiles de entrada preferidos polos usuarios.

PUBLICIDADE