Apricorn estrea unha nova familia de unidades de disco seguras
luns, 29 de marzo do 2010
Apricorn é un
fabricante de produtos de almacenamento de datos que centra os seus
desenvolvementos na seguridade, e vén de presentar o Aegis Padlock Pro,
unidade de disco con conectividade eSATA e USB que conta con encriptación por hardware
AES de 256 bits, de xeito que os contidos almacenados na mesma están protexidos
por un PIN. Está dispoñible coma
disco duro de entre 250 e 640 Gb (a prezos de entre 129 e 199
dólares) ou coma
unidade SSD de entre 128 e 256 Gb (o que dispara o seu prezo a 419 e
799 dólares respectivamente). As unidades estándar soportan velocidades de
transferencia eSATA de ata 90 Mbytes/seg., mentres que na
versión SSD conséguese unha transferencia de 219 Mbytes/seg.
O máis destacable o Aegis Padlock Pro é sen dúbida que presente un deseño
baseado nun teclado en un software que non precisa instalación, facendo moi
intuitivo o seu uso, recomendado para profesionais que precisen da máxima protección
para datos sensibles. Amais tamén é compatible con Windows, Mac OS X e Linux.