As Bolas Máxicas terá xogo para PlayStation 4

venres, 16 de maio do 2014 Marcus Fernández

O número de xullo da revista V Jump de Shueisha inclúe nas súas páxinas a nova de que Bandai Namco Games está a desenvolver un novo proxecto baseado na serie de televisión de As Bolas Máxicas que suporá a estrea desta franquía de xogos de loita na PlayStation 4, polo que é de agardar que supoña unha importante mellora técnica (especialmente a nivel visual) con respecto ao que vimos nos xogos que saíron nos últimos anos. Por fortuna para os que aínda non actualizaron a súa consola de videoxogos doméstica, ese novo proxecto non será exclusivo de PS4, senón que tamén contará con versións para PlayStation 3 e Xbox 360, de xeito que moitos máis seareiros de Son Goku poderán continuar a manter o personaxe vivo nas consolas de videoxogos, o que non deixa de ser bastante rechamante se temos en conta que a serie televisiva orixinal rematou hai máis de 18 anos.

Páxinas da revista nipoa na que anuncian o novo xogo de Son Goku

PUBLICIDADE