As DJI Goggles permitirán vivir a experiencia de pilotar un dron en primeira persoa
martes, 25 de abril do 2017
O fabricante de drons de consumo lÃder do mercado, DJI, vén
de publicar os detalles do seu primeiro casco de visión en primeira persoa que
permite achegar unha experiencia semellante aos cascos de realidade virtual,
aÃnda que buscando reproducir a sensación de pilotar un dron coma se fose un
vehÃculo tripulado. As DJI Goggles
funcionan cos drons Mavic Pro, Phantom 4 e Inspire, teñen unha resolución Full
HD para cada ollo (permitindo recibir vÃdeo a 1.080p e 30 cadros por segundo ou
a 720p a 60 cadros por segundo cunha latencia de só 110 milisegundos), inclúe
un touchpad para navegar polos menús, unha toma de auriculares e baterÃa cunha
autonomÃa de até 6 horas.
Pero este accesorio non resultarÃa rechamante se non fose porque integra acelerómetro
e xiroscopio, de xeito que cando o usuario move a cabeza pode dirixir o voo do
dron e controlar o estabilizar do cámara, conseguindo asà unha experiencia máis
inmersiva. O control mediante a cabeza non é absoluto, senón que simplemente
xira lixeiramente o dron aos lados, aÃnda que no caso da cámara si permite un
maior nivel de control, de xeito que non se pode librar ao usuario dos mandos a
distancia habituais e, o que si é máis factible é permitir que mentres cos
mandos se voe o dron, coa cabeza sexa posible mover a cámara para que se axuste
cara a onde quere dirixir a vista o usuario que leve as DJI Goggles.
O prezo deste casco FPV para os drons de DJI venderase a un prezo de 549 euros.
- Coas DJI Goggles tamén é posible que unha persoa controle o dron mentres outra contempla o contorno dende as alturas
VÃdeo promocional das DJI Goggles