As Google Glass están de volta
martes, 18 de xullo do 2017
Tras
moitos meses facendo ruÃdo o 19 de
xaneiro de 2015 o programa Glass Explorer, que permitÃa introducirse no mundos
das curiosas lentes de Google, botou o seu peche tras deixar claro que era
un proxecto que tiña que madurar fóra da atención dos focos, considerándose
todo un erro a súa grande exposición pero, aÃnda que para moitos foi un produto
fracasado, realmente continuou a desenvolverse como unha ferramenta con usos
profesionais que finalmente chega ao público como as Google Glass Enterprise Edition, trebello
que busca servir como un accesorio de mans libres para traballadores de
contornos tan variados como a fabricación, a loxÃstica ou a sanidade.
Resulta que actualmente hai máis de 50 empresas que están a empregar a versión
empresarial das Google Glass para axudar aos seus procesos de traballo, de
xeito que os mecánicos non teñen que deterse para consultar un manual (podendo
consultalo directamente nas lentes, ou incluso podendo recibir asistencia
remota en vÃdeo), nas empresas de loxÃstica poden escanear os paquetes con só
mirar os seus códigos de barras (e asà acceder á información dos mesmos) e
incluso os doutores poden reducir o tempo destinado ás historias clÃnicas nas
súas consultas.
Todo isto foi posible grazas a que nos últimos
anos houbo toda unha serie de partners de Google desenvolvendo solucións ao
redor de Google Glass, conseguindo que unha tecnoloxÃa que inicialmente
parecÃa destinada ás masas atopase ámbitos de aplicación moito máis axeitados.
Esta última versión das Google Glass mellorou en autonomÃa (podendo funcionar
tamén con baterÃa externa para un uso prolongado), incrementou a resolución
da súa cámara até os 8 MpÃxeles, actualizou o seu procesador por un máis rápido
e incluso integrou un LED vermello para indicar cando está a gravar (para
evitar asà a intromisión na intimidade da xente, que con tanto reparo vÃa as
Google Glass), contan con 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento, diversos
sensores e o seu prezo é de 1.500 euros na súa versión con software limitado e
2.500 euros para a súa versión completa.
VÃdeo no que podemos ver o uso de Google Glass nunha consulta médica
As Google Glass poden ser de grande utilidade en contornos industriais