As Ray-Ban Meta integrarán IA este mes
luns, 1 de abril do 2024
As últimas lentes de Ray-Ban en colaboración con Meta véndense actualmente co reclamo de que permiten transmitir vÃdeo directamente en Instagram e Facebook, pero este accesorio á venda por 329 euros vai máis aló, e aparte de contar con cámara, micrófonos e altofalantes, está a piques de explotar o seu potencial a través de funcións baseadas en intelixencia artificial, que actualmente están en probas nos EE.UU. a través dun programa de acceso anticipado.
As novas funcións serÃan basicamente dúas: poder preguntarlle á intelixencia artificial de Meta polo que temos diante (captado pola cámara das lentes) e ser capaz de interactuar mediante a voz coas lentes sen ter que iniciar cada consulta ou orde dicindo «Hey Meta», de xeito que a utilización verbal das lentes resulta máis áxil e natural.
Dende The New York Times aseguran que a integración da IA de Meta nas lentes fabricadas por Ray-Ban chegará este mesmo mes, aÃnda que polo momento podemos entender que só estará dispoñible nos EE.UU. e en inglés, para adaptarse despois a máis mercados.
As posibilidades desta IA integrada nas lentes serÃa algo semellante ao que xa podemos facer agora con Google Lens, de xeito que podemos realizar buscas baseadas en imaxes (para identificar localizacións, razas de animais ou froitas exóticas), ou incluso aproveitar a tecnoloxÃa para traducir textos que teñamos diante.
Será un paso moi interesante na integración da IA no dÃa a dÃa dos early adopters que se fagan cunhas lentes de Ray-Ban para algo máis que para sacar fotografÃas, gravar vÃdeo e realizar directos, convertendo este dispositivo nalgo atractivo para persoas que non teñan as redes sociais como parte da súa actividade profesional.