As actividades do Día Europeo das Linguas poderán seguirse a través do Portal da Lingua
venres, 24 de setembro do 2021
Este
24 de setembro presentouse a programación do 20 aniversario do Día
Europeo das Linguas, unha xornada adicada a celebrar e reivindicar o
plurilingüísmo na nosa contorna. Na cia cos medios, desenvolvida no
Parque de Santo Domingo de Bonaval (Compostela), participaron
o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a
directora xerente de Ardora Comunicación, Belén Fortes, e o
director de Nordesía e promotor de Maré 21, Vítor Belho. A
programación inclúe unha xornada de actos organizada polo Goberno
galego (na praza de Praterías, este domingo 26) e máis o Festival
Maré 21.
A
xornada impulsada pola Xunta, que poderá seguirse en director a
través do Portal da Lingua,
comezará ás 11,00 horas cun acto institucional no que participará
o secretario xeral de Política Lingüística e estará conducido por
Belén Fortes e amenizado por ata catro interpretacións musicais a
cargo do trío Thais nas que se mesturarán a música clásica e
galega máis tradicional. Tamén tomarán a palabra Xosé Bugallo,
alcalde de Compostela; Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea;
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Antonio
López, reitor da USC, Miguel Santalices, presidente do Parlamento de
Galicia.
Antes
do remate do acto, previsto para as 12.30 horas, proxectarase o
audiovisual Imos de Camiño, no que se recolle o testemuño de
diferentes persoeiros das letras galegas, e farase unha lectura
poética multilingüe a cargo dunha ducia de estudantes Erasmus
afincados en Compostela.
Tamén
coincidindo co festexo desta efeméride, o Festival Maré 21, que se
está a celebrar na cidade do 23 ao 26 de setembro, incorpora á súa
programación distintas propostas relacionadas co Día Europeo das
Linguas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política
Lingüística.
No
marco do Maré 21 e dentro do espazo do Bonaval, realizaranse
obradoiros, conversas e outras actividades relacionadas coas linguas
alén do galego, moitas delas minoritarias, xunto cunha ampla
programación musical que inclúe os concertos dos galegos Berlai,
Davide Salvado e Ailá, ademais dos caboverdianos Maria Alice e Jon
Luz e a saharauí Suilma Aali, que nos levan máis aló das
fronteiras europeas.