As gravadoras de voz de Sony superan as 1.000 horas de capacidade

luns, 23 de novembro do 2009 Marcus Fernández

As gravadoras dixitais de voz de Sony renóvanse, presentándose o modelo ICD-UX200 con 2 Gb de capacidade e os ICD-UX300 e ICD-UX300F con 4 Gb, de xeito que en modo LP permitiría a gravación de ata 1.072 horas de audio.
Estas novas gravadoras soa doadas de manexar, contan cunha pantalla de 5 liñas, poden conectarse a un PC ou un Mac por USB para transferir as gravacións de xeito doado (cun simple arrastrar e soltar), funcionan coma reprodutores de MP3 e a súas baterías achéganlle unha autonomía de ata 15 horas de gravación e 83 de reprodución.
Nos modos de gravación de alta calidade tamén é posible gravar voz en MP3 estéreo (algo pouco habitual nas gravadoras dixitais, que tenden a utilizar formatos de ficheiro menos habituais).
As gravadoras pesan só 48 gramos, e o modelo ICD-UX300F destaca por ter sintonizador de radio FM. Sairán á venda o mes que vén.

As gravadoras de Sony son ideais para recoller clases e ponencias, podendo despois transcribirse de xeito doado, pois incluso contan con múltiples velocidade de reprodución para facilitar a comprensión dos relatorios

PUBLICIDADE