As lentes de Meta poden publicar directamente historias de Instagram
mércores, 22 de maio do 2024
As lentes de Meta comercializadas en colaboración con Ray-Ban están a ter unha boa aceptación, de aà que estea a ampliarse a súa oferta de monturas progresivamente, asà como a recepción de novas funcións.
Nas últimas semanas puidemos ver como este accesorio abrÃa a posibilidade de facer uso da intelixencia artificial de Meta a través de voz ou incluso interpretando as imaxes captadas pola cámara das lentes (función que polo momento só funciona en inglés) e agora amplÃan as súas posibilidades incorporando a posibilidade de facer uso do servizo de streaming de música de Amazon sen ter que sacar o móbil do peto e tamén permiten publicar historias en Instagram directamente, pedÃndolle ás lentes que saquen unha fotografÃa para publicala en Instagram ou pedÃndolle que publique a última fotografÃa tomada.
Con este tipo de novidades está a quedar claro que dende Meta ven que ese é o camiño de integrar a tecnoloxÃa no dÃa a dÃa dos usuarios, que xa poden utilizar as lentes a xeito de mans libres para o móbil, como cámara fotográfica e de vÃdeo, para transmitir directos en Instagram en primeira persoa e incluso para videoconferencias a través de WhatsApp e Messenger.
- Publicar fotografÃas captadas polas lentes directamente en Instagram é unha das novidades que veñen de recibir as Ray-Ban Meta Smart Glasses