As lentes de realidade virtual HTC Vive chegará ao mercado en abril
luns, 22 de febreiro do 2016
Mentres as lentes de realidade virtual Oculus Rift van ter
un lanzamento moi lento (de pedilas actualmente non se recibirÃan unidades até
o verán) dende HTC dan conta con gallo do Mobile World Congress de Barcelona de
que a súa solución, as HTC Vive, desenvolvida en colaboración con Valve
(compañÃa detrás da popular tenda de xogos para PC Steam) poderá
encargarse a partires do vindeiro dÃa 29, e estará comercialmente
dispoñible no mes de abril a un prezo de 799 dólares (os prezos europeos aÃnda
non foron detallados) e figurando España entre un dos 24 paÃses nos que vai
estar dispoñible.
O HTC Vive inclúe 2 mandos de realidade virtual, sensores de movemento e o
casco de realidade virtual (que integra cámara e teléfono), asà como 2 tÃtulos
de realidade virtual (Job Simulator e
Fantastic Contraption), de xeito que
achega unha experiencia completa dende o primeiro dÃa (mentres que Oculus ten
certo retraso na comercialización dos accesorios, que non están incluÃdos no
seu prezo, de aà que este lote sexa uns 200 dólares máis caro).
Ao igual que acontece coa tecnoloxÃa de Oculus, para poder
gozar da experiencia de realidade virtual de calidade de HTC é preciso contar
cun ordenador de grande potencia, cun procesador Intel Core i5-4590 ou
superior, un mÃnimo de 4 GB de RAM, gráfica a partires dunha nVIDIA GeForce GTX
970 con saÃda HDMI 1.4 ou a partires de DisplayPort 1.2, 1 porto USB 2.0 e
Windows 7 ou posterior.
Queda agora por ver a resposta do público e dos desenvolvedores, xa que esta
tecnoloxÃa tanto pode converterse na nova febre como padecer a mesma fortuna
que o 3D ou os sensores de movemento, cando menos no que aos xogos se refire,
sendo especialmente crÃtico o feito de que están a chegar numerosas tecnoloxÃas
que deberÃan confluÃr nun único estándar xa que o consumidor dificilmente
elixirá unha opción a cegas sen a garantÃa de que a súa plataforma non vai ser
abandonada nun par de anos despois do forte investimento realizado (que en
moitos casos terá que ser superior aos 1.500 euros, xa que precisa da compra do
kit de realidade virtual e a renovación do equipo informático).