As novas nVIDIA TITAN Xp terán edicións inspiradas en Star Wars
mércores, 8 de novembro do 2017
Hoxe abrÃronse as reservas en EE.UU. de dúas
edicións para coleccionistas das tarxetas gráficas nVIDIA TITAN Xp, que buscan
satisfacer aos afeccionados de Star Wars, xa que estas tarxetas veñen personalizadas
para reflectir o carácter de ambos lados da Forza da franquÃa galáctica por
excelencia, o que resulta bastante rechamante, xa que estas pezas de hardware
están pensadas para a súa instalación no interior de ordenadores de sobremesa,
polo que normalmente non estarán á vista.
Unha das versións da nVIDIA
TITAN Xp presenta iluminación verde inspirada na espada de luz de Luke
Skywalker, mentres que a outra versión opta pola luz vermella da espada de
Darth Vader. As tarxetas tamén teñen toques de deseño para lembrar á Alianza
Rebelde e ao Imperio Galáctico, formacións das que tamén inclúen o seu
respectivo logotipo.
Estas gráficas venderanse en caixas de cor branca ou negra en función do lado
da Forza que representen, e o seu prezo sitúaas moi lonxe da meirande parte de
consumidores, xa que nos EE.UU. custan 1.200 dólares (en España as nVIDIA TITAN
Xp véndense a 1.299 euros) e estarán dispoñibles a partires do 17 de novembro.
Que teñen estas gráficas para ter un prezo tan esaxerado? Pois, aparte de ser
unha edición para fanáticos de Star Wars, estamos ante un hardware potentÃsimo,
cunha GPU nVIDIA Pascal con 3.840 núcleos CUDA capaces de poder operar a 12
TFLOPS, incluÃndo tamén 12 GB de memoria GDDR5X a 11,4 Gbps. Dende nVIDIA
aseguran que é a tarxeta gráfica máis potente do mundo, triplicando o
rendemento fronte a xeración anterior de tarxetas (as TITAN X con arquitectura
nVIDIA Maxwell), ofrecendo «unha potencia nunca vista para creativos
investigadores e afeccionados ao PC».
VÃdeo de presentación das edicións para coleccionistas da nVIDIA TITAN Xp