As oportunidades profesionais do CERN centraron unha nova edición dos Almorzos TIC Talk do CITIC

mércores, 29 de marzo do 2023 S. P.

Este luns 27 de marzo a sala Cloud do CITIC acolleu unha edición especial dos Almorzos TIC Talk, moderada polo investigador e membro da comisión de formación do CITIC Álvaro Leitao. Nesta ocasión as persoas asistentes contaron coa participación dun convidado de excepción: Jesús Fernández Cortés, antigo alumno da escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol que actualmente traballa na cidade suíza de Xenebra no Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), un dos centros de investigación en enxeñería multidisciplinar máis relevantes a nivel internacional e que alberga o maior acelerador de partículas do mundo.
Jesús, na súa charla Oportunidades laborais no CERN para pre e pos graduados, falou da súa experiencia profesional no CERN e explicou os programas laborais para estudantes, graduados e profesionais que existen actualmente no centro no que traballa.
Tras a charla, tivo lugar un debate no que participaron investigadoras e investigadores do CITIC comentando as súas experiencias académicas e laborais internacionais.

PUBLICIDADE