As tendas Fnac estrearán smartphone a semana que vén

martes, 5 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O vindeiro 11 de marzo a cadea de tendas Fnac porá á venda en España un smartphone de seu, o Fnac Phablet 4.5 que, como acontece cos tablets da mesma marca, tamén está fabricado por bq (é concretamente o smartphone bq Aquaris), e ofrece por un prezo axustado (179,99 euros) un terminal con Android 4.0 e pantalla IPS de grande tamaño (4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles), que sitúase comodamente na gama media cun procesador Cortex A9 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, cámaras de 8 e 0,3 Mpíxeles, batería de 1.600 mAh, 10,25 milímetros de grosor e un peso de 150 gramos.
Compre destacar que este terminal véndese totalmente libre e pode funcionar con dúas tarxetas SIM á vez, polo que pode resultar de grande interese para usuarios que usen varias liñas de móbil e non queiran atarse a ningunha operadora.

PUBLICIDADE