Asphalt 7 Heat acompaña ao BlackBerry Z10 no seu lanzamento

venres, 8 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Dende Gameloft non queren limitarse a ter os seus mellores xogos en iPhone e Android, e para aproveitar a menor dispoñibilidade de títulos para plataformas como Windows Phone e BlackBerry están a adaptar títulos de peso como o xogo de condución Asphalt 7 Heat a estas plataformas secundarias, e así como a semana pasada estreábase en Windows Phone 8, esta semana tocoulle a quenda a BlackBerry 10, polo que os usuarios do BlackBerry Z10 poden mercar este xogo con 60 vehículos distintos, 150 carreiras en pistas de todo o mundo e 6 modos de xogo por 4,49 euros.
Deste xeito, no lanzamento oficial en España do BlackBerry Z10 o pasado xoves Gameloft puido estar presente co seu xogo de condución de referencia que podemos ver en funcionamento no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE