Asphalt 8 para iOS permitirá retransmitir as partidas mediante streaming
martes, 18 de marzo do 2014
En ordenadores persoais e nas consolas de videoxogos
domésticas de nova xeración é posible facer uso de servizos como Twitch para
transmitir en directo a través da Internet mediante streaming as nosas partidas a videoxogos, permitindo que poidan
seguirse por parte de usuarios de todo o mundo, e agora este tipo de
experiencia está lista para poder trasladarse a dispositivos móbiles,
anunciando Gameloft que a vindeira actualización de Asphalt
8 para iOS vai aproveitar o SDK
de Twitch Mobile.
Isto quere dicir que os
xogadores de Asphalt 8 poderán
retransmitir as súas partidas a través da Internet, interactuar cos seus
espectadores a través de chats, falar con eles a través da cámara do
dispositivo móbil e incluso aproveitar a cámara frontal do trebello para dar ás
retransmisións un toque máis persoal. Este novo servizo estará dispoñible para
usuarios actuais de Twitch, sendo posible darse de alta dende o propio xogo de
Gameloft.
A actualización do xogo tamén aproveitarase para incorporar novo contido como 6
novas pistas ambientadas en China e novos vehÃculos (2014 McLaren P1, Ferrari
Testarossa, Dodge Challenger e 2014 Ford F-150).
VÃdeo de exemplo dunha retransmisión do xogo a través de Twitch