Assassin’s Creed IV</Em> estrea trailer
luns, 4 de marzo do 2013
Tras varias
filtración, por fin é oficial o anuncio de Assassin’s Creed IV: Black Flag, xogo de Ubisoft que vén de estrear
o seu primeiro trailer, e que sairá o 29 de outubro en versións para PC, Xbox
360, PlayStation 3 e Wii U (estando dispoñible máis adiante para PS4 e
para a futura nova consola de Microsoft), trasladando a historia ao ano
1715, con piratas dominando o Caribe, onde estará o capitán Edward Kenway, avó
do protagonista de Assassin’s Creed III,
dando a entender que estamos ante unha especie de spin-off da anterior entrega, pero mudando de protagonista (de aÃ
que avance de número o seu tÃtulo).
Polo que puido verse do xogo dá a impresión de que estamos ante unha variación
da anterior entrega, incorporando cambios que procuran facelo máis atractivo, e
fuxindo da Revolución Estadounidense, que non callou tanto como era de agardar.
O xogo combinará tanto escenas en embarcacións (tras funcionar
sorprendentemente ben en Assassin’s Creed
III) con numerosas escaramuzas e secuencias de sixilo, na liña ao que esta
saga nos ten afeito, pero aproveitando o atractivo do mundo pirata, tan de moda
nos últimos anos. Para ir creando expectación temos ao propio Barbanegra falando do novo asasino da
saga de Ubisoft:
- O xogo recuperará os momentos de navegación que tan bo resultado deron en Assassin’s Creed III
- Os elementos clásicos das aventuras de piratas estarán presentes na nova entrega de Assassin’s Creed
- Barbanegra será unha das figuras históricas que aparecerán en Assassin’s Creed IV