Assassin’s Creed Origins estreará o seu modo educativo a semana que vén
martes, 13 de febreiro do 2018
Coas primeiras entregas de Assassin’s Creed non eran poucos os mestres que recomendaban tan
violentos xogos como un xeito de achegarse á historia, á arte e á arquitectura,
xa que ofrecÃan visións moi detalladas de cidades como Venecia, Florencia e o Vaticano
a finais do século XV, e conscientes desta face da franquÃa a súa última
entrega, Assassin’s Creed
Origins recibirá o vindeiro dÃa 20 unha
actualización de balde que incluirá o modo Descubrimento do Antigo Exipto.
Deste xeito os xogadores poderán moverse libremente polo Antigo Exipto para vivir
unha experiencia educativa na que afondar en detalles da historia e a vida
cotiá grazas ao traballo de historiadores e exiptólogos. Este modo céntrase na
exploración, fuxindo de conflitos e presións de tempo, de xeito que cadaquén
poderá percorrer o Antigo Exipto ao seu ritmo, o que permitirá comprobar a meticulosidade
coa que se recreou.
O modo Descubrimento incluirá 75 visitas guiadas seleccionadas por expertos e
divididas en cinco temáticas (Exipto, Pirámides, AlexandrÃa, Vida Diaria e Romanos)
cunha duración de entre 5 e 25 minutos cada unha.
AÃnda que este modo educativo do xogo chegará como actualización de balde do
xogo Assassin’s Creed Origins, dende
Ubisoft decidiron que tamén o ofrecerán como un produto independente para
ordenadores persoais a través de Uplay e Steam a un prezo de 19,99 euros.
Teremos asà un xeito orixinal de coñecer a biblioteca de AlexandrÃa, explorar
os enigmas da esfinxe, saber máis das momias e os complexos funerarios exipcios
e afondar en como eran os fogares do Antigo Exipto, numerosos detalles que grazas
á interacción conseguirán callar máis no usuario que se o estivesen a ler nun
libro de texto.
- O modo Descubrimento permitiranos coñecer o elevado nivel de detalle co que se recreou o Antigo Exipto en Assassin’s Creed Origins