Assassin’s Creed Origins sae á venda
venres, 27 de outubro do 2017
Tras numerosos periplos polas antigas Damasco, Xerusalén,
Florencia, Roma e Constantinopla, a guerra de independencia estadounidense, a
revolución francesa e o Londres vitoriano, a franquÃa de Assassin’s Creed dá un grande salto ao pasado, e sitúase no Antigo
Exipto, aproximadamente no ano 49 antes de Cristo, facilitándonos asà ser
testemuña das accións que levaron ao nacemento da Irmandade, de aà que este
xogo leve por nome Assassin’s Creed Origins.
Estamos ante un tÃtulo que sae hoxe á
venda para Xbox One, PlayStation
4 e PC,
despois dun ano de descanso da saga para facilitar a súa reformulación, de
xeito que atopamos agora a entrega máis ambiciosa da franquÃa, cun
impresionante número de novidades e uns escenarios moi vastos que percorrer,
atopando numerosos elementos cos que interactuar, de xeito que tanto atoparemos
misterios nas pirámides como teremos que sobrevivir ao ataque de bestas
salvaxes, á vez que haberá que ir equipándose de armas e evolucionando na
destreza nos combates para poder derrotar a desafiantes contrincantes.
- No xogo haberá que sobrevivir ao ataque de enormes bestas
- O xogo terá toques de RPG, de xeito que teremos que equiparnos con armamento para poder facer fronte a desafiantes inimigos
Tráiler de lanzamento